Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O venres remata o prazo para solicitar permiso para facer unha fogueira a noite de San Xoán

Oleiros, 18 de xuño de 2019-. Como todos os anos, é obrigatorio solicitar a correspondente autorización no Concello de Oleiros para realizar unha larada a noite de San Xoán, sexa esta na praia e ou en calquera outro lugar. As normas e a solicitude pode descargarse na web municipal e deberá ser entregada cuberta e asinada no Rexistro.

O Concello porá máis de 100 metros cúbicos de madeira a disposición dos veciños e veciñas que queiran facer as súas fogueiras nas praias para evitar a contaminación da area con puntas, resortes e outros obxectos que poden ocasionar tanto contaminación medioambiental como danos físicos ás persoas usuarias dos areais. A leña repartirase principalmente na praia de Bastiagueiro, aínda que tamén estará dispoñible en menor cantidade en Santa Cristina, Mera e Santa Cruz.

Para evitar a queima de palés, sofás e calquera tipo de cousa que poida conter cravos, realizarase un importante despregamento de Policía Local e Protección Civil nas entradas das praias para persuadir a aquelas persoas que teñan intención de queimar ese tipo de elementos. Tamén estará prohibida a introdución de botellas de cristal ou calquera elemento que conteña vidro.

O Concello de Oleiros procederá ao desaloxo das praias a noite de San Xoán ás 4 da madrugada, para poder realizar as correspondente tarefas de limpeza e que os areais estean en perfectas condicións de uso o luns. Dada a elevada cantidade de residuos que se acumulan, os equipos precisan atopar os areais baleiros para poder traballar con maior axilidade. Ademais, por motivos de seguridade, tampouco é recomendable que haxa persoas preto da maquinaria mentres circule pola area.

SOLICITUDE E NORMAS BÁSICAS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza