Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O bus urbano da Coruña chegará ata Santa Cristina a partir do 15 de xuño

Oleiros, 8 de abril de 2019-. A liña de bus urbano 1-A da Coruña vai estender o seu percorrido ata Santa Cristina desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro durante os próximos catro anos, coa posibilidade de ampliar o servizo outros catro máis. Tras case un ano de espera, o Concello recibiu a documentación definitiva por parte da Xunta de Galicia, que dilatou os trámites administrativos sen ningún tipo de xustificación.

O pasado 20 de abril de 2018 o Concello de Oleiros propuxo a creación dun servizo de transporte público ás praias de Oleiros durante o verán desde os municipios da Coruña, Cambre e Culleredo para mellorar a mobilidade nas estradas. Aínda que en Cambre e Culleredo a empresa que ten a concesión se negou a realizar o servizo, no caso da Coruña si que existiu acordo entre todas as partes. Incomprensiblemente, a Xunta de Galicia puxo numerosas trabas burocráticas para que o servizo non chegase a funcionar no verán de 2018.

De luns a venres, o primeiro bus sairá ás 6:30 horas do Abente y Lago e o último ás 23:00 horas. Os sábados haberá buses desde A Coruña de 6:30 a 22:50 horas. Os domingos o servizo irá desde as 7:25 ata 23:00 horas.

Desde Santa Cristina, de luns a venres, haberá buses desde as 7:00 ata as 22:55 horas. Os sábados os horarios serán de 6:55 ata 22:09 horas. Os domingos e festivos de 7:50 a 22:46 horas.

As frecuencias oscilarán entre os 15 e os 20 minutos en ambos sentidos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza