Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O alcalde consegue que Portos se comprometa a coordinar a realización das obras pendentes no Porto de Lorbé

Oleiros, 5 de decembro de 2018-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mantivo esta mañá unha reunión co responsable de Portos de Galicia na Coruña para demandar a realización das obras de saneamento dos edificios situados na zona do porto, que actualmente están a verter directamente ao mar. García Seoane tamén demandou a construción do aparcadoiro nos terreos expropiados pola Xunta de Galicia no proxecto da vía Ártabra.

O representante de Portos de Galicia comprometeuse a coordinar coas consellerías de Medio Ambiente e Obras Públicas a realización das obras solicitadas polo Concello de Oleiros. Nun prazo breve de tempo, está previsto que se lle notifique ao Concello a resolución que se adopte por parte da Xunta de Galicia.

Estas obras estaban previstas no proxecto da vía Ártabra, pero non chegaron a realizarse. No caso da creación da rede de saneamento, os traballos consistirían na construción dun tanque cun bombeo para enviar os residuos á depuradora existentes 300 metros máis arriba.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza