Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O domingo proxéctase na Fábrica a película Sicixia

Oleiros, 5 de decembro de 2018-. A proxección de Sicixia está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 9 de decembro, no auditorio da Fábrica. A entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse desde unha hora antes do inicio do filme.

Esta película galega, dirixida por Ignacio Vilar, conta a historia de Xiao, enxeñeiro de son que recibe un encargo para gravar os singulares sons da Costa da Morte. Alí coñece a Olalla, unha guía local que recolle algas no océano Atlántico e que o axudará a mergullarse na idiosincrasia do lugar. A partir de aí, nesa lendaria Finisterrae, as súas vidas fuxirán ao seu control coma mareas rexidas por unha lei superior.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza