Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello asina un convenio para continuar o carril bici entre Santa Cruz e Mera polo centro de Arillo

Oleiros, 8 de novembro de 2018-. O Concello de Oleiros asinou esta mañá un acordo con José Luis Docampo para continuar o paseo e carril bici na zona interior do pazo situado no centro de Arillo. O Concello quere agradecer a José Luis Docampo a cesión de solo realizada.

Grazas ao acordo asinado esta mañá o Concello procederá a contratar de inmediato as obras para a continuación do paseo e carril bici, que nesta zona terá un ancho de 5 metros. O muro exterior do pazo e as árbores existentes vanse respectar. Construirase un novo muro interior para delimitar a propiedade e será demolida a edificación que hai na esquina do pazo. “Quero agradecer publicamente a Jose Luis Docampo a cesión gratuíta de terreo coa que imos poder continuar, no centro de Arillo, o paseo que conecta Santa Cruz e Mera”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza