Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros reurbanizará a avenida Rosalía de Castro tras a cesión por parte da Xunta

Oleiros, 14 de setembro de 2018-. As obras de renovación e pavimentación da avenida Rosalía de Castro cun valor total de 403.725,52 euros servirán para reurbanizar a avenida ata a Pasaxe.

A Xunta de Galicia decide ceder ao Concello de Oleiros a avenida Rosalía de Castro despois de vinte anos sen acometer ningunha actuación na mesma. O ente autonómico obviou todas as propostas do Concello para mellorar a rúa e agora a cede co compromiso de colaborar a través dun convenio na súa reurbanización. As obras de pavimentación da avenida serán financiadas completamente pola Xunta con 96.272,16 euros. Ademais, levarase a cabo outra obra de 307.453,36 euros para a renovación das beirarrúas (financiada con 215.217,35 euros pola Deputación da Coruña). “Grazas á cesión, imos poder reurbanizar toda a vía para facer tubeiras novas, beirarrúas e humanizar a avenida ata a pasaxe. Unha gran noticia para as veciñas e veciños da zona despois de moito tempo de abandono por parte da Xunta”, asegura o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza