Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A Fábrica acolle unha charla para ás familias con estratexias para unha volta ao cole en positivo

Oleiros, 14 de setembro de 2018-. O xoves 20 de setembro, ás 20:00 h, no Auditorio do Centro Cultural A Fábrica, María Soto, experta en Disciplina Positiva, ofrecerá unhas recomendacións para afrontar o inicio do curso escolar  nunha charla aberta a todas as familias interesadas.

O obxectivo desta charla é dar a coñecer ás familias de Oleiros unha serie de pautas e recomendacións para afrontar o inicio do curso escolar con enerxía, con tranquilidade, en positivo, fuxindo dos enfrontamentos e sentando as bases para un bo curso escolar e unha boa convivencia familiar.

Nesta mesma charla se informará dos obradoiros sobre esta metodoloxía dirixidos ás familias previstos pola concellería de Servizos Sociais para o mes de outubro. 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza