Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Los Zigarros e as bandas oleirenses dos locais municipais de ensaio actuarán o sábado no I Festival Rockanroleiros

Oleiros, 9 de outubro de 2017-. O vindeiro sábado 14 de outubro a praza Esther Pita de Santa Cruz acollerá a primeira edición do Festival Rockanroleiros. Os grupos que utilizan os locais municipais de ensaio compartirán cartel coa banda Los Zigarros, teloneiros en Barcelona dos Rolling Stones na súa xira Europea 2017.

O festival comezará ás 13 horas cunha sesión vermú a cargo de Undercover. Continuará a partir das 17 horas cos grupos Theta waves, Psychoducks, Engraved, Desubicados e Chasis. O peche correrá a cargo da banda convidada Los Zigarros, que tocarán a partir das 23 horas.

Ademais da música, de postos gastronómicos e de bochinche con bebidas, o Concello de Oleiros presentará o novo proxecto Xerando Presente, dirixido á participación da mocidade na vida municipal e que parte do proxecto anterior de Xeración A Fábrica. Todos os mozos e mozas que queiran coñecer o novo proxecto poderán achegarse a coñecelo a partir das 14:30 horas.

O Concello de Oleiros colabora na organización deste festival coa asociación Musicoleiros, formada polos grupos que empregan os locais municipais de ensaio e que pretende dinamizar e achegar aos veciños a súa actividade musical.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza