Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Emocionarte traballará nun obradoiro as emocións e a creatividade a través do audiovisual

Oleiros, 14 de abril de 2016-. Desde hoxe e ata o próximo 21 de abril está aberto o prazo para inscribirse en Emocionarte, un obradoiro de exploración persoal, dirixido a mulleres e homes, para traballar as emocións e a creatividade a través do proceso de creación dun audiovisual.

Este obradoiro vaise desenvolver nas instalación do Centro Municipal de Formación, na urbanización Os Regos, a partir do venres 29 de abril, polas mañás, en horario de 10:30 a 13:00 h. Constará de dúas fases, a primeira desde agora ata o mes de xullo, e unha segunda tras os meses de verán, de setembro a novembro.

Neste obradoiro, da man dunha psicóloga e dunha comunicadora audiovisual as persoas que participen profundarán no recoñecemento das súas emocións a través dun proceso creativo no que o audiovisual é a ferramenta para acadar un maior autocoñecemento e desenvolvemento emocional.

Trátase dun proxecto moi novidoso e experimental, na liña que se está a traballar desde o Concello de Oleiros, a través de distintas actividades grupais relacionadas co desenvolvemento emocional que teñen como obxectivo un maior benestar para toda a poboación.

Valores como a igualdade e a diversidade, o respecto, a confianza... son aspectos que estarán presentes na dinámica desta actividade co fin de acadar un clima de confianza e de cohesión entre todo o grupo para desenvolver este traballo creativo en positivo.

Para unha maior información as persoas interesadas poden dirixirse ao departamento de Servizos Sociais de Oleiros ou ben a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000. 

FOLLA DE INSCRICIÓN

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza