Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
javax.portlet.title.56

javax.portlet.title.56

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Goberno de Oleiros a favor da Mancomunidade, en contra da proposta de estatutos

Oleiros, 21 de outubro de 2020-. Os concelleiros e concelleiras do Goberno municipal votaron en contra dos estatutos provisionais da Mancomunidade das Mariñas porque propoñen un reparto inxusto da representación e das achegas económicas de cada municipio e porque tampouco se aclara o proceso de liquidación do Consorcio das Mariñas. O Goberno de Oleiros si está a favor da creación dunha mancomunidade, sempre e cando naza segura, sen eivas, non condenada antes do seu nacemento por arrastrar problemas do pasado.
 
O Goberno municipal reclama que a representatividade nos órganos de goberno da Mancomunidade sexa proporcional aritmeticamente á poboación de cada un dos concellos. A razón é de xustiza, xa que este é o criterio que se ten en conta para determinar as obrigas económicas e achegas que lle corresponderán a cada un dos concellos. En ningún momento se valorou pola Comisión Xestora a posibilidade de establecer un criterio diferente para as achegas a realizar: a igual representación, igual aportación.
 
Oleiros, coa fin de simplificar o sistema de reparto dos votos, propuxo que se estableceran tramos de 5.000 en 5.000 habitantes. Deste xeito, un  sistema aritmético puro, sería moito máis xusto e equitativo. Pois ben, o que se aprobou no pleno de onte é un sistema sen sentido e inxusto, dado que se trata dunha mestura de tramos de poboación, número de concelleiros/as e medias que complican a fórmula dun xeito extraordinario (nun caso suman 1 voto, noutro ata 6 ).

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza