Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Visor de contido web

Visor de contido web

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello reclama a Emalcsa a construción do depósito de auga para Oleiros e Cambre

Oleiros, 5 de xuño de 2017-.  Os concellos de Cambre e Oleiros acordaron con Emalcsa, hai máis de 3 anos, unha mellora da subministración de auga nos dous municipios mediante a construción dun novo depósito de auga en Nós. En outubro de 2017, o Concello de Oleiros cedeu o solo necesario para situar esta instalación en Sarro, pero Emalcsa aínda non contratou a obra.

Este novo depósito tería unha capacidade de 1.500 metros cúbicos e abastecería os veciños de Oleiros e Cambre. A infraestrutura resulta máis imprescindible no caso de Cambre ante a carencia dos depósitos de auga suficientes para garantir a subministración a toda a poboación. De feito, en outubro de 2018, ante unha rotura da rede xeral de abastecemento en Culleredo, foi o Concello de Oleiros o que abasteceu de auga a unha parte do Concello de Cambre para que a cidadanía non quedase sen servizo.
 
“Imos pedir unha reunión con Emalcsa e coa Xunta de Galicia para ver que pasa con esta obra. Aínda que o depósito vai estar instalado nun monte de Oleiros, trátase dunha infraestrutura de interese para os dous municipios”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza