Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello entrega á Xunta o solo para que continúe o carril bici entre Arillo e Lourido

Oleiros, 1 de xuño de 2020-. O Concello de Oleiros entregará á Xunta de Galicia o solo necesario para a continuación do carril bici desde o pazo de Arillo ata Lourido. Nesta estrada autonómica, o Concello de Oleiros xa realizou a construción de todas as beirarrúas entre Mera e Santa Cruz.

O Concello conseguiu o solo necesario grazas ás cesións realizadas polas persoas propietarias dos terreos lindeiros coa estrada. A Xunta de Galicia tiña un compromiso de realizar esta obra unha vez o Concello de Oleiros puxera o solo necesario á súa disposición.
 
“En Oleiros a xente ten un comportamento exemplar para facilitar o progreso do municipio. As grandes avenidas, os paseos, os carrís bicis e moitas outras actuacións menos grandes pero igual de importantes lográmolas sempre grazas á colaboración dos veciños e veciñas, que ceden o solo necesario para realizar estas obras. Neste caso entregáronnos moitos metros cadrados para poder conectar as beirarrúas desde o pazo de Arillo e ata a zona de Lourido”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza