Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O luns abren de novo os prazos administrativos do Concello de Oleiros

Oleiros, 29 de maio de 2020-. O decreto do estado de alarma suspendeu a tramitación de todas as administracións públicas agás a referida a determinados procedementos que se consideraban esenciais ou de emerxencia. O Congreso dos Deputados acordou concluír esta suspensión e a partir do vindeiro luns 1 de xuño continúan ou reinícianse, segundo os casos, todos os prazos administrativos. En canto aos prazos procesuais, prazos de prescrición e caducidade de dereitos e accións, establécese tamén o levantamento da suspensión a partir do xoves 4 de xuño de 2020. 

Este é un novo avance cara á normalidade, promocionando o funcionamento ordinario de todas as administracións públicas. A partir do luns todos os procedementos poderán tramitarse con normalidade. No Concello de Oleiros xa se presta atención presencial desde o pasado 11 de maio, con solicitude de cita previa.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza