Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O luns abren campos de fútbol, pavillóns e náuticos municipais

Oleiros, 29 de maio de 2020-. A partir do próximo luns 1 de xuño as diferentes entidades que utilizan as instalacións deportivas municipais poderán comezar a adestrarse seguindo as normas ditadas polo Goberno central. O Concello, en colaboración cos diferentes clubs deportivos, elaborou un protocolo de uso dos recintos deportivos adaptado ás diferentes disciplinas deportivas para evitar riscos de contaxios.

As pistas de tenis, as pista polideportivas cubertas e descubertas e a pista de skate de Bastiagueiro –que acaba de ser reformada- xa están abertas para o seu uso por parte dos veciños e veciñas. Polo momento non poderán abrir nin os rocódromos, nin os ximnasios nos que se practica judo.
 
A apertura das piscinas de Perillo, Dorneda, Oleiros e A Fábrica está pendente do avance da desescalada. As previsións actuais é que estas instalacións poderían reabrir entre o 15 de xuño e o 1 de xullo.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza