Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros ofrece un servizo de atención psicolóxica por teléfono

Oleiros, 18 de marzo de 2020-. Todos os veciños e veciñas de Oleiros dispoñen dun servizo de atención psicolóxica ante posibles problemas derivados do confinamento nos domicilios. Aquelas persoas que precisen axuda poden chamar ao 981610000, extensión 3120.

Ante esta situación de illamento nas vivendas, algunhas persoas precisarán axuda psicolóxica. Por iso o Concello pon a disposición de todos os veciños e veciñas unha psicóloga que prestará atención a través do teléfono.
 
O Concello de Oleiros solicita a todos os cidadáns que sigan as instrucións e directrices determinadas tanto pola Xunta de Galicia como polo Goberno central. É importante actuar con civismo, calma e tranquilidade ante esta situación.
 
Tamén é extremadamente importante lavar as mans; evitar tocar ollos, nariz e boca; tusir contra o brazo ou o cóbado e evitar o contacto próximo con outras persoas con síndromes respiratorios. O teléfono de información sobre o COVID-19 é o 900400116.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza