Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Publícanse as listaxes provisionais das prestacións de apoio á escolarización

 Oleiros, 22 de xullo de 2019-. O Concello de Oleiros publicou as listaxes provisionais das prestacións de apoio á escolarización para o curso 2019/2020. A relación de familias beneficiarias destas axudas estará exposta no taboleiro de edictos do Concello e no departamento de Servizos Sociais e poderán consultarse en persoa ou telefonicamente, a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000.

Aquelas persoas que teñan que presentar documentación terán ata o día 6 de agosto para facelo. Unha vez rematado ese prazo, a documentación requirida será valorada polo equipo técnico de Servizos Sociais, que proporá unha listaxe definitiva sobre a que se ditará a resolución e se farán os trámites necesarios para que as familias poidan dispoñer deses cartos xusto antes de iniciarse o curso escolar.
 
Estas axudas son unha das diversas medidas pola inclusión social coas que conta o Concello de Oleiros e os seus importes varían en función da etapa escolar na que se atopa cada menor. O obxectivo destas prestacións, de pago único e con carácter finalista, é axudar ás familias nunha peor situación económica a cubrir os gastos extraordinarios que supón o inicio do curso escolar (material escolar, mochilas, dicionarios, libros…). Estas prestacións son compatibles coas  axudas que poidan conceder outras administracións, que normalmente están dirixidas só a libros e son insuficientes para cubrir todas as necesidades que se orixinan nunha familia con menores en idade escolar. Na convocatoria deste ano presentáronse un total de 150 solicitudes.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza