Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Un grande mural nunha parede de Santa Cruz conmemorará os 25 anos da Feira Alfaroleiros

 Oleiros, 18 de xullo de 2019-. O artista Joseba Muruzábal está a elaborar desde principios desta semana a obra Lola, a súper oleira nunha parede da rúa do Repicho. Desta maneira o Concello de Oleiros pretende resaltar o 25 aniversario de Alfaroleiros, unha feira de referencia nos ámbitos da cultura tradicional e da olería popular.

O parque Luis Seoane de Santa Cruz acollerá, entre os días 7 e 11 de agosto, a XXV edición de Alfaroleiros. A feira de olería máis importante de toda España, tal e como a cualifican os profesionais do sector, concentrará un ano máis os mellores oleiros tradicionais da Península Ibérica que destacan por ser únicos nas súas respectivas zonas de procedencia e pola calidade e pureza dos seus traballos.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza