Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros destina 35.100 euros para subvencionar o alumnado que usa o comedor escolar e facilitar a conciliación

 Oleiros, 17 de xullo de 2019-. O Concello de Oleiros convoca subvencións municipais destinadas aos alumnos e alumnas dos centros de ensino público que utilizan os comedores escolares xestionados polas ANPA. En total repartiranse 35.100 euros.

As solicitudes poderán presentarse no centro cultural A Fábrica, ata o 30 de setembro. A contía exacta que se lle concederá a cada solicitante dependerá da renda per cápita familiar.

O obxectivo destas axudas é permitir que as familias con menos recursos económicos teñan máis doado compatibilizar horarios laborais cos escolares, mediante o acceso dos nenos e nenas aos comedores das escolas. Desta maneira asegúrase unha axeitada atención e alimentación dos menores, mentres os pais e nais desenvolven os seus traballos.

Ademais destas subvencións, o Goberno municipal destina máis de 60.000 euros anuais para os gastos de comedor dos e das menores en situación de vulnerabilidade. Grazas aos convenios asinados coas ANPA, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos de ensino de Oleiros e que actúan como entidades colaboradoras, o Concello asume o 95% ou o 100% do gasto do comedor escolar daqueles nenos e nenas con familias nunha situación de vulnerabilidade. 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza