| NOVASA Deputación da Coruña iniciou novamente a licitación das obras de ampliación da estrada da Besta, que conecta o centro de Mera coa vía Ártabra, e que ascenden a 523.469,41 euros. Esta obra que xa fora contratada no 2018, leva meses paralizada debido a que a empresa adxudicataria incumpriu as súas obrigas e a Deputación rescindiulle o contrato. O Concello reclama á Xunta o inicio inmediato das obras pendentes do comedor do Colexio Valle InclánO alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, demandou por carta ao conselleiro de educación o inicio inmediato das obras pendentes do comedor do Colexio Valle Inclán para a prestación do servizo que merecen os escolares de calquera colexio público. |