Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Visor de contido web

Visor de contido web

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

O rexistro municipal estará aberto en horario de 9 a 13 horas os días 24 e 31 de decembro

O Concello de Oleiros manterá aberto o rexistro municipal os días 24 e 31 de decembro para que os veciños e veciñas poidan realizar trámites administrativos. Non é preciso solicitar cita previa.

O Ministerio amplía o prazo de presentación de alegacións da pegada sonora

A Dirección Xeral de aviación civil, dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda urbana, ampliou o prazo de presentación de alegacións da pegada sonora do aeroporto de Alvedro ata o día 29 de xaneiro. Inicialmente, o prazo remataba o día 28 de decembro, pero debido ás festividades era recomendable realizar os trámites antes do día 24.

A Deputación saca novamente a contratación a ampliación da estrada da Besta

A Deputación da Coruña iniciou novamente a licitación das obras de ampliación da estrada da Besta, que conecta o centro de Mera coa vía Ártabra, e que ascenden a 523.469,41 euros. Esta obra que xa fora contratada no 2018, leva meses paralizada debido a que a empresa adxudicataria incumpriu as súas obrigas e a Deputación rescindiulle o contrato.

O Concello demanda novamente á Xunta que ilumine as rotondas da vía Ártabra

O Concello de Oleiros volverá a reclamar á Xunta de Galicia que ilumine todas as rotondas da vía Ártabra. Todos os enlaces contan con farolas pero atópanse apagadas, creando un serio risco para a seguridade viaria.

O Concello reclama á Xunta o inicio inmediato das obras pendentes do comedor do Colexio Valle Inclán

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, demandou por carta ao conselleiro de educación o inicio inmediato das obras pendentes do comedor do Colexio Valle Inclán para a prestación do servizo que merecen os escolares de calquera colexio público.

Comeza un programa de acompañamento telefónico

Falamos, actividade que levará a cabo o Voluntariado de Oleiros, consistirá en realizar chamadas telefónicas a persoas usuaria do programa de educación familiar do Concello de Oleiros. A frecuencia das conversas será de carácter semanal, cun horario previo establecido.

Comeza a obra do túnel e da glorieta en Sol y Mar

Despois de 16 anos reclamando ao Ministerio de Fomento a mellora do cruce de Sol y Mar, na N-VI ao seu paso por Perillo, por fin comezaron as obras. O custo desta actuación é de 9.813.642,04 euros e está previsto que finalice dentro de 2 anos e 4 meses.

O Concello presenta unha querela contra a dirección do Consorcio das Mariñas

O Xulgado admitiu a trámite a querela presentada polo Concello de Oleiros contra o presidente e os técnicos responsables do Consorcio da Mariñas. O Concello denuncia un suposto delito de prevaricación por entender que se están cometendo graves irregularidades na xestión deste organismo público.

O martes comeza a obra do túnel e da glorieta en Sol y Mar

A Delegación do Goberno comunicoulle ao Concello de Oleiros que o vindeiro martes día 15 de decembro, ás 11:30 horas, terá lugar o acto oficial de colocación da primeira pedra da obra de mellora do cruce de Sol y Mar, na N-VI ao seu paso por Perillo. O inicio desta obra, adxudicada por 9.813.642,04 euros, demorouse máis do previsto debido a que o Ministerio tiña pendente unha expropiación de 7,40 metros cadrados.

O Concello denunciará a Costas ante a Fiscalía se non aborda de inmediato a reparación do Xunqueiro

O pasado mes de febreiro o Concello de Oleiros solicitou á Dirección Xeral de Costas o arranxo con urxencia do desprendemento producido na zona do Xunqueiro, en Mera. Transcorridos máis de 9 meses e ante o grave perigo existente para vehículos e peóns, o Concello trasladará a situación á Fiscalía para que Costas asuma as competencias que lle competen por lei.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza