Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Visor de contido web

Visor de contido web

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Política sentimental, comedia política este sábado no Gabriel García Márquez de Mera

 Oleiros, 21 de novembro de 2022-. O sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera, Manarte Producciones presenta a obra relacionada co figura de María Casares Política sentimental, dirixida por David Loaysa, coa interpretación de Germán Torres e Sabela Hermida. As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través de Ataquilla.com ou desde unha hora antes na billeteira do auditorio. 

En pleno período histórico que ten lugar durante a ocupación nazi do territorio francés do ano 1940, ten lugar o encontro de dúas grandes personalidades do panorama cultural da época. Os anos 40 son o auxe e colofón da vangarda europeo. Albert Camus, un dos máis destacados representantes do existencialismo francés, conflúe coa actriz galega e filla dun dos máximos expoñentes da Segunda República de España (Casares Quiroga). O exilio precipita a María Casares nun encontro coa resistencia francesa e a vangarda artística do momento, que a consideran unha icona e musa na que plasmar as súas obras. Ao asumir María Casares o protagonismo na obra O Malentendido no ano 1944 marca o inicio dunha prolífica e intensa relación persoal e profesional entre ambos os dous protagonistas, que continuarán ata a morte do autor en 1960.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza