Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello volve poñer en marcha un obradoiro para mellorar a comunicación no ámbito familiar

Oleiros, 17 de marzo de 2017-. Tras o éxito da primeira edición que tivo lugar a finais do ano pasado, o luns 20 de marzo abre o prazo de inscrición para unha segunda edición do Obradoiro “Comunicación e xestión emocional no entorno familiar”. Este obradoiro está dirixido única e exclusivamente a familias empadroadas no Concello de Oleiros con menores en idade escolar, preferentemente primaria e secundaria, que desexen coñecer e adquirir ferramentas para mellorar e fortalecer a comunicación cos seus fillos e fillas, co fin de manter unha relación fluída e establecer unha base de confianza mutua que facilite o diálogo e a crianza.

Organizado desde a concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros vaise impartir nas instalacións do Centro Municipal de Formación “Isaac Díaz Pardo” ao longo de 8 sesións entre abril e xuño, os xoves pola tarde, en horario de 19:00 a 21:00 horas os días 6, 20 e 27 de abril, 4, 11 e 25 de maio e 1 e 8 de xuño de 2017.

Co fin de evitar desprazamentos e facilitar a inscrición a través dun sinxelo trámite as inscricións deberán realizarse a través da web municipal, www.oleiros.org, na pestana nun clic dentro de apartado catálogo de trámites, a partir do luns 20 de marzo ás 10:00 h ata o 29 de marzo. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.

A metodoloxía proposta para estes obradoiros é vivencial, participativa e divertida, con dinámicas nas que aprender sexa algo divertido e construtivo, e nos que, sesión tras sesión, poderemos observar e recoñecer os avances acadados coa aplicación dos coñecementos adquiridos.

O obradoiro, ao igual que a primeira edición, será impartido por Mar Sánchez, psicóloga experta en comunicación e xestión emocional e profesional de recoñecido prestixio nestes ámbitos.

A programación neurolingüística e as técnicas de liberación emocional son dúas das técnicas propostas para mellorar as relacións familiares e previr problemas e conflitos que se poidan presentar no futuro. Saber traballar as emocións, coñecer como as emocións dirixen a nosa conducta, conectar cos fillos e fillas a través do respecto e a igualdade, xerar seguridade e potenciar a autoestima, son claves para mellorar a convivencia no ámbito familiar.   
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza