Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Un delincuente ecolóxico ataca unha árbore de máis de 70 anos en Santa Cristina

Oleiros, 15 de marzo de 2017-. Un veciño envelenou recentemente un tileiro de máis de 70 anos que se atopa na entrada de Santa Cristina, na zona verde situada entre a rotonda do dolmen e a rúa do Inglés. Este tipo de delincuentes, que atentan contra o patrimonio público e o medio ambiente, deben ser localizados e sancionados.

Para dar co criminal ecolóxico en cuestión, o Concello de Oleiros gratificará con 300 euros a quen aporte algún dato fiable que permita identificar ao responsable do asasinato desta árbore. O nome da persoa que achegue a información quedará no anonimato.

É evidente que o terrorista ecolóxico non vive moi lonxe do lugar dos feitos. Para perpetrar este acto, utilizou un taladro co que fixo un burato no tronco da árbore polo que introduciu o líquido contaminante.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza