Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Ocioleiros ofrece 31 actividades para os veciños e veciñas do municipio

Oleiros, 5 de decembro de 2017-. O vindeiro luns día 11 de decembro ábrese o prazo de preinscrición para participar nunha nova edición de Ocioleiros. Mantéñense a maioría de actividades e incorpóranse outras novas, en base ás suxestións das persoas participantes da edición anterior. En total, ofértanse 31 actividades.

Ocioleiros está dirixido exclusivamente aos veciños e veciñas empadroados en Oleiros. A finalidade deste programa é fundamentalmente lúdico, dirixido á diversión e ao entretemento. Existen dous grupos de actividades, unhas dirixidas aos máis novos, mozos e mozas de entre 14 e 17 anos, e outras destinadas ás persoas maiores de idade.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse a través da web municipal. O prazo abre o luns próximo e finalizará o 20 de decembro. As listaxes con todas as persoas preinscritas colgaranse o 22 de decembro para a emenda de erros. Se hai máis demanda que prazas ofertadas nunha actividade, intentarase habilitar novos grupos. De non ser posible, as prazas adxudicaranse por sorteo. O día do sorteo será o 9 de xaneiro ás 12.00 horas na Fábrica e as listaxes de admitidos e admitidas estarán expostas a partir do 12 de xaneiro. Unha vez publicadas esas listaxes, o prazo de pagamento irá do 23 ao 27 de xaneiro.

MÁIS INFORMACIÓN

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza