Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros pon en marcha un obradoiro para persoas coidadoras

Oleiros, 11 de outubro de 2017-. Para mellorar a calidade de vida das persoas coidadoras, o Concello de Oleiros organiza un ano máis os obradoiros Descubrindo Emocións e Coidando Emocións. O primeiro deles comeza o vindeiro día 30 de outubro.

O obradoiro Descubrindo emocións consta de oito sesións de hora e media repartidas ata finais do mes de decembro. As persoas interesadas en participar poden contactar cos Servizos Sociais de Oleiros a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000.

Despois destas sesións, as persoas interesadas poderán incorporarse ao grupo de Coidando emocións, formado por persoas que xa pasaron en anos anteriores polo primeiro obradoiro e onde desenvolven distintas actividades cunha periodicidade quincenal, á vez que se crea un cadea de apoio emocional entre as propias persoas participantes.

Nestes grupos o obxectivo é reducir a aparición de trastornos psicolóxicos e o malestar emocional provocado pola responsabilidade de coidar. Detrás de moitos enfermos dependentes hai unha persoa moi próxima a eles volcada no seu coidado e atención que desemboca en problemas emocionais, depresións, unha visión pesimista do entorno, estrés, ansiedade...

Estes obradoiros ofrecen un espazo de apoio terapéutico no que as persoas coidadoras poden ser apoiadas, escoitadas e comprendidas, un lugar no que se comparten emocións, preocupacións e medos similares. Unha oportunidade para facer normais moitas desas preocupacións e ver que son sentimentos comúns aos doutras persoas.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza