Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
javax.portlet.title.56

javax.portlet.title.56

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O alcalde solicita á ministra de Transición Ecolóxica a recuperación da area para a praia de Santa Cruz

 Oleiros, 13 de xaneiro de 2022-. O alcalde, Ángel García Seoane, xunto co concelleiro de Obras Públicas, Antonio Molinos, asistiu ao acto oficial de inicio das obras de dragado da ría da Pasaxe. Esta importante obra de 32,2 millóns permitirá a recuperación da ría para o baño e o marisqueo, ademais de incluír a construción do tramo de paseo marítimo actualmente inexistente entre Beiramar e O Graxal e dun novo parque público no Seixo.

Aproveitando a presenza da ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, o alcalde reiterou a súa solicitude de rexeneración da praia do porto de Santa Cruz, que perdeu máis de 1,5 metros de profundidade de area. Esta situación non só impide un maior aproveitamento da praia para o baño senón que tamén incrementa a desprotección da estrutura do paseo marítimo ante os temporais.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza