Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O mércores abre o prazo de preinscrición nas escolas municipais de música e danza

Oleiros, 16 de abril de 2018-. Entre os días 18 e 25 de abril as escolas municipais de música e danza terán aberto o prazo para a preinscrición do novo alumnado. As persoas interesadas deberán dirixirse ás secretarías de ambas escolas de 17.00 a 20.00 horas. Para máis información poderán chamar ao teléfono 981 639 688 da Escola Municipal de Danza e ao teléfono 981 639 143 da Escola Municipal de Música.

A Escola Municipal de Danza ofertará 90 prazas repartidas nas seguintes especialidades: 14 prazas para 2º de Danza Clásica, 7 para 3º de Danza Clásica,  8 para 4º de Danza Clásica, 11 para 5º de Danza Clásica, 17 para 6º e 7º de Danza Clásica, 10 para iniciación á Danza Urbana, 6 para nivel medio de Danza Urbana, 11 para nivel avanzado de Danza Urbana, 2 para Danza Contemporáneo adultos e 4 para Danza Clásica adultos. O equipo docente da escola fará probas de acceso para determinar o nivel do curso axeitado, a partir dos nove anos.

A Escola Municipal de Música ofertará un total de 35 prazas, correspondendo ás seguintes especialidades: 2 para Batería, 2 para Baixo eléctrico, 1 para Bombardino,  3 para Canto, 2 para Canto Moderno,  1 para Clarinete, 1 para Contrabaixo,  2 para Gaita, 4 para Guitarra Eléctrica, 1 para Óboe, 1 para Piano, 2 para Trombón, 4 para Trompa, 3 para Trompeta,1 para Tuba, 3 para Viola, 1 para Violín e 1 para Violonchelo.

Os nenos e nenas nados entre 2011 e 2014 poderán optar ás prazas vacantes da modalidade de Música e Movemento de cada escola.

Do 31 de maio ao 13 de xuño procederase á formalización das matrículas de Música e Momento e das diferentes especialidades, co aboamento das taxas e a entrega de documentación. O 15 de xuño farase a publicación da listaxe definitiva de matriculados e de listaxe de agarda.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza