Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O domingo inaugúrase a nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil

Oleiros, 13 de xuño de 2018-. O vindeiro domingo día 17 de xuño, ás 12:00 horas, procederase ao acto de inauguración da nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil. Este novo equipamento municipal está situado no polígono de Iñás, na rúa do Barbanza.

Nos últimos anos realizáronse importantes investimentos neste servizo público, fundamental para garantir a seguridade cidadá. Ante o notable incremento de vehículos e demais medios técnicos, o recinto existente na avenida Rosalía de Castro resultaba insuficiente.

Nas obras de creación da nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, o Concello de Oleiros investiu 293.695,88 euros. A nova localización tamén permite uns tempos de resposta menores ao dispoñer de mellores conexións viarias para desprazarse ás diferentes localidades do municipio.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza