Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O domingo celébrase o Festival de Bandas de Música de Oleiros no García Márquez

Oleiros, 19 de abril de 2017-. O Festival de Bandas de Música de Oleiros celebrará a súa XII Edición o vindeiro domingo ás 18:00 horas, no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A agrupación convidada este ano é a Banda de Abegondo, dirixida por Pablo Álvarez, que compartirá escenario coa Orquestra Sinfónica de Oleiros.

As persoas asistentes poderán gozar dun gran evento musical que conta coa participación de dúas formacións de contrastado nivel.  A Banda Orquestra Sinfónica do Concello de Oleiros, dirixida por Alberto Piñeiro Leiva, representará  Prost de Antón Alcalde, Rapsodia Húngara nº. 2  de Franz Liszt e Skyfall Adele – Paul Epworth, e contará coa voz  solista de Lucía Sigueiro. A Banda de Música de Abegondo interpretará Concerto D'Amore de Jacob de Haan, Rhapsody de Jim Curnow, coa Bombardino solista Tania González Moreira, e Rivieren – Cyclus de A. Malando (I. Río Negro II. Orinoco III. Chubut).

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza