Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A Xunta aproba o convenio para entregarlle 590.000 euros ao Concello de Oleiros para construír a rotonda de Santa Cruz

Oleiros, 13 de xullo de 2017-. A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, comunicoulle esta mañá ao alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, que o Consello da Xunta acordou aprobar o convenio segundo o que o Concello de Oleiros recibirá 590.000 euros para a construción da rotonda de Santa Cruz. Ao ser finalmente o Concello quen contratará as obras, os prazos axilizaranse e poderían quedar adxudicadas no mes de setembro.

O Concello de Oleiros, malia tratarse dunha vía autonómica, expropiou os terreos precisos para a creación da rotonda, redactou o proxecto para a construción da glorieta e acometerá a desgasificación do solo nas vindeiras semanas (que terán que pagar Distribuciones Taula e Cepsa). O convenio, que asinarán ambas administracións nos vindeiros días, tamén establece que a Xunta de Galicia entregue ao Concello de Oleiros a titularidade da avenida Ernesto Che Guevara, despois de asfaltala e reparala por completo.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza