Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Os nenos saharauís do programa Vacacións en Paz visitan o Concello de Oleiros

Oleiros, 10 de agosto de 2017-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, xunto coa concelleira de cooperación, Marga Figueroa Vázquez, recibiu esta mañá na Casa do Concello ao grupo de nenos e nenas saharauís que están a pasar as súas vacacións en Oleiros grazas ao programa Vacacións en Paz que organiza a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

Durante o encontro, o alcalde deulles unha agarimosa benvida, preguntoulles pola súa estadía en Oleiros e tamén lles desexou sorte para o futuro. Ademais, foron obsequiados cunhas mochilas e uns puzzles sobre o municipio. Igualmente, o alcalde tivo palabras de recoñecemento e agradecemento para as familias que acollen durante os meses de verán a estes nenos e nenas.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza