Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A concentración para demandar a mellora dos accesos á cidade e á comarca será mañá, ás 12:30 horas, na praza de Ourense

Oleiros, 12 de xaneiro de 2018-. Todos os veciños e veciñas da comarca e da cidade da Coruña están convocados mañá ás 12.30 horas a unha concentración diante da Delegación do Goberno –praza de Ourense- para demandar a urxente contratación das obras de mellora de acceso á Coruña na N-VI, desde Betanzos ata a cidade, ao seu paso polos municipios de Betanzos, Bergondo, Cambre, Sada, Oleiros e A Coruña. Tamén está previsto que varios alcaldes da comarca participen neste acto.

A convocatoria diríxese a todos os cidadáns concienciados, á marxe de credos e relixións para esixir que se contraten estas obras, coas que se poñería fin a estas situacións terceiromundistas que se viven na comarca da Coruña. Os gobernos do Partido Popular, e os anteriores do Partido Socialista, negáronse a mellorar os accesos á cidade e a estrada con máis tráfico de Galicia, a N-VI. En cambio si que realizaron outras actuacións moito máis custosas noutras zonas de Galicia, como é o caso da circunvalación de Santiago de Compostela ou da ponte de Rande, en Vigo, nas que o tráfico de vehículos é moi inferior.

O Goberno municipal decidiu convocar esta concentración ante a insostible situación na que se atopan os accesos viarios á cidade e á comarca da Coruña, que afecta a milleiros de persoas de todos os municipios da área metropolitana. “Pídolle a todos os coruñeses, a todos os veciños e veciñas dos municipios da comarca da Coruña e a aquelas outras persoas de zonas máis afastadas que tamén usan a N-VI desde Betanzos ata A Coruña que participen mañá na concentración que temos convocada ás 12:30 horas na praza de Ourense. Dá igual como pense cada quen porque a todos nos afecta que teñamos ou que non teñamos unhas boas estradas. A Coruña é a grande esquecida polos Gobernos centrais e non podemos agardar máis. En Madrid están falando dun plan de estradas con grandes investimentos en todo o Estado e vemos como A Coruña non aparece por ningún lado. Por iso é tan importante estar mañá, se chove cun paraugas, demandando a contratación urxente das obras de mellora dos accesos á cidade e á comarca.”, comentou o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza