Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O alumnado da Escola Municipal de Danza escolle os seus horarios

Oleiros, 13 de setembro de 2017-. Mañá xoves día 14 de setembro bota a andar un novo curso da Escola Municipal de Danza do Concello de Oleiros coa presentación do  novo curso escolar. O alumnado procederá á elección dos seus respectivos horarios para as clases, que comezarán a seguinte semana.

Pola súa parte, a Escola Municipal de Música comezará a retomará a súa actividade o luns coa programación das datas para a elección de horarios e inicio das clases. As familias que o desexen poderán poñerse en contacto coa escola desde a próxima semana en horario de 17:00 a 20:00 horas no teléfono 981 639 143.

Por diversas cuestións administrativas existe un retraso na adxudicación dos contratos de xestións das escolas municipais de música e danza, que non afectará á actividade ordinaria nin tampouco a calidade da formación que se presta nestes centros. O importe do contrato da Escola de Danza e Teatro ascende a 400.827,74 euros por dous anos e o da Escola de Música a 639.562,33 euros por dous anos.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza