Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Visor de contido web

Visor de contido web

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello contratará a construción do paseo fluvial do rego de San Pedro

 Oleiros, 13 de maio de 2022-. O Concello iniciará nos próximos días os trámites para a contratación da obra de construción do paseo fluvial do rego de San Pedro, que irá desde Iñás ata o Seixal e terá unha extensión de máis 4 km. Esta actuación de protección do medio ambiente e de mellora da mobilidade peonil e ciclista ten un custo de 2,2 millóns de euros e financiarase entre o presente exercicio e o próximo.

Dado que o obxecto desta obra cumpre totalmente cos criterios susceptibles do reparto dos fondos europeos Next Generation, e ante  a imposibilidade de que os concellos galegos de entre 20.000 e 50.000 habitantes opten directamente a eses cartos, o alcalde dirixirase hai un ano á conselleira de Medio Ambiente para solicitar a colaboración da Xunta de Galicia. Aínda que inicialmente a conselleira manifestou o seu interese no proxecto, a única noticia ao respecto nun ano foron as declaracións realizadas á prensa na que a Consellería desbotou a posibilidade de financiar esta obra.
 
“Nós o que queríamos saber era se ía haber apoio da Xunta á obra do paseo fluvial. Desde a reunión que tiveramos non me dixeran nada máis. Enviáralle esta semana unha carta preguntando e hoxe saíu na prensa dicindo que non ía facelo. Aínda que non me contestou formalmente, está claro que non imos recibir nin un euro de aí. Polo tanto, que saiban todos os veciños e veciñas que a obra vaise facer igualmente e que a realizaremos con fondos propios do Concello”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza