Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Cidadáns de toda a comarca esixen ante a Delegación do Goberno a mellora dos accesos viarios á cidade e á comarca da Coruña

Oleiros, 13 de xaneiro de 2018-. Numerosos veciños e veciñas da comarca e da cidade da Coruña concentráronse esta mañá diante da Delegación do Goberno para demandar a urxente contratación das obras de mellora dos accesos á Coruña na N-VI, desde Betanzos ata a cidade, ao seu paso polos municipios de Betanzos, Bergondo, Cambre, Sada, Oleiros e A Coruña. Esta concentración era necesaria ante os numerosos colapsos que se viven a diario nas estradas e os continuos enganos e falsos anuncios do actual Goberno e dos anteriores que se negan a abordar as obras, que si realizan noutras zonas de Galicia con moito menos tráfico, que poñerían fin aos tan frecuentes caos circulatorios.
 
Os concellos de Betanzos, Sada, Bergondo, Cambre, Oleiros e A Coruña, xunto con concelleiros de Culleredo, secundaron esta convocatoria e asinaron un documento que se lle enviará ao Ministro de Fomento no que se lle esixe que os orzamentos do Estado para o ano 2018 conten coas partidas económicas necesarias para contratar as obras de mellora dos accesos á cidade e á comarca da Coruña. No texto explícase que as estradas de acceso á cidade da Coruña e á súa comarca son as de máis tráfico de Galicia e que están totalmente abandonadas polo Ministerio de Fomento, unha situación que causa importantes perdas de tempo e de paciencia a milleiros de cidadáns, que diminúe considerablemente as posibilidades de crecemento económico de todos os municipios da Área Metropolitana e que non favorece ao asentamento de novas empresas

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza