Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Cancodrilo chega as escolas de Oleiros

Oleiros, 18 de maio de 2017-. Co gallo das Letras Galegas, o Concello de Oleiros, desde a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, agasalla ás escolas infantís e aulas de infantil dos colexios públicos con exemplares do Cancodrilo en Oleiros, escrito por Xabier López Mateos e ilustrado por Javier Rey Feijoo e Silvia González Sánchez.

Cancodrilo, o protagonista animal destes contos, metade can e metade crocodilo, chega ao noso municipio en compañía dos seus amigos para coñecer os lugares emblemáticos de Oleiros. Xunto a Ourizopicón, Laura, Adela e Nico visitan a Casa do Charry, As Torres, o Castelo de Santa Cruz, a lagoa e o faro de Mera, os cantís e o Castro de Punta Torrella, o porto de Dexo, as bateas de Lorbé, a biblioteca Rialeda e o Centro Cultural A Fábrica.

Nas súas aventuras, Cancodrilo e os seus amigos deberán enfrontarse a situacións cotiás da vida das que tratará de aprender algo novo e nas que se demostrará o valor da amizade e o respecto polos demais e pola contorna que nos rodea. Ademais disto, este volume achegará a xeografía oleirense aos máis pequechos e pequechas da casa nun formato atractivo, lúdico e cargado de cor.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza