Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello de Oleiros anima a participar na concentración do sábado ante a Delegación do Goberno

Oleiros, 11 de xaneiro de 2018-. Ante a insostible situación na que se atopan os accesos viarios á cidade e á comarca da Coruña, que afecta a milleiros de persoas de todos os municipios da Área Metropolitana, o Goberno municipal decidiu convocar a todos os cidadáns concienciados, á marxe de credos e relixións, a participar unha concentración diante da Delegación do Goberno –praza de Ourense- este sábado día 13 de xaneiro, ás 12:30 horas, para demandar a urxente contratación das obras no cruce de Sol y Mar e a ampliación da ponte da Pasaxe e de Alfonso Molina.

O Goberno municipal quere facer un chamamento a todos os cidadáns afectados a que se manifesten diante da Delegación do Goberno e esixan que se contraten estas obras, coas que se poñería fin a estas situacións terceiromundistas que se viven na comarca da Coruña. Os Gobernos do Partido Popular, e os anteriores do Partido Socialista, negáronse a mellorar os accesos á cidade e a estrada con máis tráfico de Galicia, a N-VI. En cambio si que realizaron outras actuacións moito máis custosas noutras zonas de Galicia, como é o caso da circunvalación de Santiago de Compostela ou da ponte de Rande, en Vigo, nas que o tráfico de vehículos é moi inferior.

“A fortaleza está na man do pobo. Non na man de ningún alcalde. Se o sábado na praza de Ourense estamos centos de cidadáns da cidade e da comarca da Coruña, a Madrid non lle vai quedar máis remedio que escoitarnos. Se o logramos, estou seguro que as cousas van cambiar... Por iso digo que nesta concentración non hai cores, non é a festa da bandeira, non é un tema de partidos. Os atascos aféctannos igual a todos os cidadáns. A cuestión é que hai que buscar solucións xa. Non podemos botar media vida para movernos 5 ou 6 km”, comentou o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza