Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Vita Ivaskevica ofrece un concerto na Fábrica o sábado pola tarde

Oleiros, 14 de febreiro de 2018-. Vita Ivaskevica ofrece este sábado ás 20:30 horas un concerto no auditorio do centro cultural A Fábrica, en Perillo. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 2,50 euros.

Vita Ivaskevica é unha cantautora de procedencia letona-rusa que empezou a escribir a súa propia música aos 18 anos e canta en cinco idiomas. Entre o 2000 e o 2009 creou dúas formacións despois dos seus estudos de música en Estados Unidos, onde descubriu o bluegrass e o son acústico da mandolina, que incluíu no seu primeiro disco Desert Gardens. Co seu primero single Highway logrou o recoñecemento do público letón e chegou a ser número 1.

Ao mudarse a Galicia, Vita Ivaskevica iniciou novos proxectos máis persoais. Actualmente segue compoñendo e viaxando por distintas culturas e linguaxes da música. No concerto do sábado a súa voz e guitarra estarán acompañadas por Rafa Otero, guitarra e voz, e Noli Torres, batería e percusión.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza