| NOVAS « Atrás Teatro para nenas e nenos maiores de 3 anos, este domingo na FábricaOleiros, 5 de abril de 2021-. O vindeiro domingo 11 de abril ás 12:00 horas na Fábrica terá lugar a obra Carabranca, de Iria Pinheiro. Trátase dun espectáculo de narración oral pola igualdade interpretado por Iria Pinheiro, licenciada en psicopedagoxía e actriz (Premio María Casares mellor actriz e mellor texto orixinal 2019 e Premio Maruxa Villanueva á interpretación 2019) e baseado nun conto de Iván Sende. Carabranca é unha nena pirata que logra todo o que se propón, desafiando calquera perigo marítimo e terrestre. A partir do teatro de obxectos a actriz conta unha historia na que se entrelazan as aventuras co ánimo de superación e valores que fomentan a igualdade. Terán preferencia as persoas inscritas no Apego de Oleiros durante os tres primeiros días de inscrición e o primeiro día aquelas que sendo do Apego de Oleiros non acudisen ao último espectáculo. |