| NOVAS « Atrás O Concello creará unha biblioteca medioambiental no Pazo de LóngoraOleiros, 29 de decembro de 2020-. A Fundación Amancio Ortega financiará a creación dunha biblioteca medioambiental no Pazo de Lóngora. Este novo espazo cultural público estaría situado nas antigas caballerizas do pazo, que se atopan sen uso na actualidade. A Fundación Amancio Ortega pagará integramente os 260.000 euros das obras de restauración e adecuación do edifico para o seu novo fin. Inicialmente, esta nova biblioteca contará con todo o material bibliográfico que se atopa no Ceida, no Castelo de Santa Cruz. O Pazo de Lóngora é unha propiedade municipal. O Concello cedeulle o uso á Universidade da Coruña no ano 1997 para a creación do Instituto Universitario do Medio Ambiente. |