| NOVAS « Atrás Contratada a renovación de 2.216 puntos de luz por 1,6 millónsOleiros, 1 de decembro de 2020-. O Concello de Oleiros adxudicou a renovación do alumeado público en 32 urbanizacións, núcleos e rúas por 1.653.420,40 euros. Esta actuación financiarase con 1.346.739,13 euros procedentes da Unión Europea e 306.681,27 de fondos propios municipais. Con esta mellora da eficiencia enerxética do alumeado público instalaranse novas luminarias led, que permiten rebaixar o consumo eléctrico, incrementan a iluminación e reducen a contaminación lumínica. Está previsto que as obras comecen nas próximas semanas, unha vez finalicen todos os trámites administrativos. |