Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

#camiños, unha das obras máis divertidas e sorprendentes da escena teatral, este domingo no García Márquez

 Oleiros, 20 de novembro de 2020-. A compañía ButacaZero, en coprodución co Centro Dramático Galego, presenta o domingo ás 20:00 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra #camiños. Noelia Blanco, Noa Covelo e Celina Fernández forman o elenco desta obra de Esther F. Carrodeguas, dirixida por Xavier Castiñeira.

En #camiños Carolina viaxa cara aos EEUU. Daiana, neta dunha emigrada galega, volve da Arxentina. Comparten asento no aeroporto. E entre elas, debúxanse milleiros e milleiros de #camiños. Camiños que unen as aldeas coa cidades, os poemas de Rosalía coa música electrónica, o spinning co churrasco, e as fotos viradas sepia coas que acabamos de colgar en ínstagram… Camiños que unen o que fomos e o que desexamos ser.
 
As entradas é gratuíta. Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización. A obra está recomendada para maiores de 12 anos. 
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza