Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello organiza cursos de uso de redes sociais para persoas maiores

 Oleiros, 20 de novembro de 2020-. O luns 23 de novembro abre o prazo de inscrición para cursos de “Redes sociais” dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello de Oleiros. A oferta destes cursos está enmarcada dentro do programa de “Alfabetización dixital” organizado desde a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade.

Os obxectivos principais destes cursos son promover un uso responsable das redes sociais, así como o emprego de novos dispositivos tecnolóxicos. Desta maneira pretende potenciarse un envellecemento activo e coñocer as posibilidades de relación e interacción social que as novas tecnoloxías ofrecen.
 
As inscricións serán a través da web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites en liña, a partir das 9:00 horas do luns 23 de novembro e rematará ás 20:00 horas do 29 de novembro. As prazas  adxudicaranse por orde de inscrición. Para calquera aclaración, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con Servizos Sociais e Igualdade.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza