Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

As piscinas municipais devolverán as cotas correspondentes aos días nos que estiveron pechadas

Oleiros, 31 de marzo de 2020-. As piscinas municipais de Oleiros procederán a devolver os cartos da parte das cotas correspondentes aos días do mes de marzo nos que as instalacións de Perillo, A Fábrica, Oleiros e Dorneda permaneceron pechadas debido ao Estado de Alarma, decretado polo Goberno central. A devolución realizarase mediante compensación no recibo do primeiro mes no que se recupere a actividade.

Ante a imposibilidade de abrir, polo menos ata o 12 de abril, o recibo do mes de abril tampouco se vai cobrar ata coñecer a data de reapertura. Respecto ás clases de natación e ás actividades acuáticas, tamén se procederá á devolución da parte correspondente do mes de marzo e non se cobrará ata o reinicio dos diferentes programas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza