Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello organiza un novo obradoiro dirixido a familias sobre relacións entre menores e internet

 Oleiros, 27 de novembro de 2019-. O luns 2 de decembro abre o prazo de inscrición para o obradoiro Atrapad@s nas redes, dirixido ás familias de Oleiros con menores nacidos entre 2002 e 2010. Con esta actividade preténdese coñecer a fondo as relacións entre a mocidade e internet desde unha perspectiva de xénero.

As inscricións serán a través da web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites en liña, a partir das 10:00 horas do luns 2 de decembro e ata o mércores 4 de decembro ás 23:00 horas. O número de prazas é de 25 e adxudicaranse por orde de inscrición. As sesións deste obradoiro serán os días 10, 12 e 19 de decembro, en horario de 19:00 a 21:00 horas no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, nos Regos.
 
A relación entre internet e os menores empeza desde os primeiros anos da súa vida, e cada vez desde idades máis temperás accedendo desde calquera dispositivo: teléfono móbil, ordenadores, tablets, consolas… A rede é un elemento clave na súa educación e socialización e as familias deben ser conscientes do que se está a transmitir a través de internet. As relacións entre iguais, a información sexual, o xénero…, son aspectos que aprenden en gran medida a través do que ven en internet e as redes sociais.
 
O obradoiro, que forma parte do programa Familias Inquedas da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade, pretende tratar o asunto con humor, sen dramatismos pero de forma consciente, combinado o formato charla con dinámicas vivenciais e exercicios cos que conectar coa realidade que están a vivir. 

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza