Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Concello organiza campamentos para nenos e nenas durante o Nadal

 Oleiros, 11 de novembro de 2019-. Os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos teñen a posibilidade de participar entre os días 23, 24, 26 e 27 de decembro no Campa Nadal, unha actividade que se desenvolverá en horario de 9:00 a 14:00 horas nos colexios Isidro Parga Pondal, Valle Inclán e A Rabadeira. Co obxectivo de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das nais e dos pais, o Concello continúa ofertando esta actividade coa que tamén se procura fomentar entre as persoas participantes os hábitos de vida saudables, as habilidades artísticas e os valores positivos.

Neste campamento, os nenos e nenas coñecerán o seu medio natural e sociocultural máis inmediato. O traballo en grupo, a solidariedade, compartir experiencias lúdicas, aumentar os lazos de amizade, desenvolver a súa autonomía, estimular os hábitos saudables e educar na igualdade son os eixos sobre os que se moverá o Campa Nadal.
 
O prazo de preinscrición abre o vindeiro día 18 de novembro. Na web municipal, no teléfono 981 636 598 e no enderezo ensino@oleiros.org pode obterse máis información.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza