| NOVAS « Atrás Oleiros recibe aos mozos e mozas de Buccino que participan na segunda parte do intercambio culturalOleiros, 2 de agosto de 2019-. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, recibiu no auditorio da Fábrica ao grupo de mozos e mozas italianos da Comuna de Buccino que participan nun intercambio xuvenil con rapaces e rapazas de Oleiros de entre 18 e 30 anos. Os e as oleirenses participantes daranlle aloxamento nas súas vivendas aos rapaces italianos que, hai un ano, os acolleron nas súas casas de Italia. Os mozos e mozas italianos permanecerán en Oleiros ata o día 9 de agosto. Para que poidan relacionarse e, ao mesmo tempo, coñecer Oleiros e as zonas máis emblemáticas de Galicia están programadas diferentes actividades e excursións. |