Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Policía Local, Garda Civil e Servizos Sociais reciben unha formación conxunta en materia de violencia de xénero

Oleiros, 14 de marzo de 2019-. Durante tres xornadas ao longo desta semana, axentes da Policía Local e da Garda Civil, así como o equipo de Servizos Sociais de Oleiros, estiveron a realizar unha formación sobre a atención ás vítimas de violencia de xénero. Coñecer os protocolos utilizados e o traballo desenvolvido por cada un destes profesionais, así como compartir as experiencias das súas actividades nesta materia formaron os contidos destas xornadas nas que o obxectivo final é seguir a mellorar a atención ás vítimas de violencia de xénero no Concello de Oleiros.

En total participaron 44 persoas: 16 axentes de Policía Local, 15 da Garda Civil, 9 de Servizos Sociais, a traballadora social do centro de Saúde de Santa Cruz e 3 traballadoras sociais do Servizo de Axuda no Fogar. A loita contra a violencia de xénero é unha das prioridades tanto da Garda Civil como do Concello de Oleiros, existindo unha grande implicación e compromiso por parte de todos os seus recursos na mellora continua da atención ás vítimas, tanto a través da formación como coas reunións de coordinación que se levan a cabo periódicamente.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza