Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

A Biblioteca Rialeda acolle unha charla sobre as bacterias que comen os plásticos

Oleiros, 12 de marzo de 2019-. O vindeiro venres día 15 de marzo, ás 18:30 horas, a Biblioteca Central Rialeda acollerá a charla Unha solución para o noso planeta as bacterias que comen plásticos. Dimas López, membro de UDCiencia d+i, será o relator principal desta xornada.

A Biblioteca Central Rialeda, dentro do programa Ler para saber, está a albergar charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e nenos maiores de 10 anos, adolescentes e público en xeral. O 22 de marzo será a quenda do biólogo Francisco Armesto coa conferencia Imos experimentar. O 26 de abril Francisco Franco del Amo traerá a Rialeda Mar de plásticos. A última das xornadas será o 10 de maio, Aves da Ría do Burgo, co fotógrafo Antonio Patiño.

Con estas actividades preténdese achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos sobre temas científicos de importancia na vida diaria, fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada, dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas, atraer á biblioteca a un público interesado pola ciencia e, en definitiva,  fomentar  a lectura e a consulta de libros que traten estas temáticas. Programáronse charlas e obradoiros sobre aspectos diferentes para atraer a un público de gustos diversos e variados.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza