Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Iria Estévez actúa o sábado na Fábrica

Oleiros, 6 de febreiro de 2019-. A cantante galega Iria Estévez ofrece un concerto este sábado no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 20:30 horas, dentro do VI Ciclo de Música Voces Cálidas para noites de Inverno. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 2,50 euros.

Iria Estévez ten un amplo percorrido musical. En 2010 subiu por primeira vez a un escenario para cantar, liderando o proxecto Clave de Fado e co seu estilo persoal e a súa voz versátil conseguiu abrirse un oco rapidamente no panorama musical de Galicia.

O sábado vai presentar o seu traballo en solitario, e con esta nova proposta, Atlántica, transpórtanos a terras próximas e afastadas, a través das músicas que navegan no noso mar. Fado, son, cantiga galega, músicas de Cabo Verde a Arxentina, que reflicten o eterno navegar; ás veces sereno e suave e outras, enérxico e intenso.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza